Na defensa da autoxestión

En relación á ORDE do 23 de marzo de 2020 da Consellería do Medio Rural pola que se regula a agricultura de autoconsumo consideramos que: Os hortos de autoconsumo son unha alternativa para a satisfacción de necesidades individuais e colectivas sen a inxerencia das lóxicas do mercado ou o poder do Estado.

Ante a situación na que nos atopamos, recibindo un gran impacto pola era global na que vivimos, entendemos que non se debería prohibir o acceso á terra, senón que haberia que desenvolver cada vez máis vías de autoxestión.
A horta de autoconsumo é un alicerce da Soberanía Alimentaria, polo que é vital mantela para afrontar de forma máis segura e con máis ferramentas esta crise.
Estas semanas son cruciais para preparar a terra, sementar e poder colleitar nos meses vindeiros, diminuíndo o impacto económico que esta situación vai supor aos veciños durante moito tempo.

Os hortos de autoabastecimiento non poden ser considerados como lugar de lecer e recreo, son áreas de produción non monetarizada que provén a moitos galegos de alimentos frescos e de tempada, representando un gran aforro económico para moitas familias.
Consideramos absolutamente arbitrarias as restricións que desde a Xunta interpuxéronse ao acceso á terra, limitándoo a 500 metros da vivenda habitual, impedindo así coidar as hortas tanto urbanas como rurais que se atopen a máis distancia inda que se atopen dentro da mesma localidade.

A Xunta esixe un carné de manipulador de fitosanitarios para traballar nas hortas de autoconsumo, do que carecen a maioría de agricultores non profesionais, tanto os que cultivan en ecolóxico, como aqueles que non usan produtos profesionais.
É moito máis seguro ir ao horto, cumprindo as medidas sanitarias preventivas, que acudir aos supermercados, onde hai unha incalculable manipulación de todos os produtos por parte da longa cadea de produción, abastecemento e distribución.

E solicitamos:
Que se consideren as hortas de autoabastecemento unha actividade esencial como o resto da produción agraria.
Que segundo o Artigo 7 do Real Decreto, que permite a circulación de persoas polas vías de uso público para a) “Adquisición de alimentos (…)”; e g) “Por causa de forza maior e situación de necesidade”. Enténdase, como exemplo destas dúas casuísticas, ir ao horto a autoabastecerse e sementar para dispoñer de alimentos
nos meses vindeiros. Que a Xunta rectifique e estenda os requirimentos das medidas hixiénicosanitarias, necesarios noutras actividades, aos hortos de autoabastecimiento e non se deixe á arbitrariedade de cada axente. Por exemplo, a diferenciación horaria en hortos urbanos con parcelas pequenas e contiguas, onde poidan poñerse de acordo
entre os veciños para non acudir os mesmos días.
Que se teña en conta a realidade da gran maioría de veciños que non posúen un carné de manipulador de fitosanitarios ou daqueles que manteñen as súas hortas en espazos cedidos polos que non posúen certificado de titularidade.
Que se facilite o acceso á terra a todas aquelas persoas interesadas en autoabastecerse ante a crise que viviremos.
Asinamos este manifesto como veciñ@s e colectivos responsables e soberan@s:

RAML – Rede de Apoio Mutuo Lugo
ADEGA
CNT-AIT Lugo
Asociación 100Tolas
Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
Asociación Cultural Loairas
Asociación Cultural Saurobuks
Asociación do Monte Galego
Asociación Ridimoas
Asociación Víctimas de la Justicia
Banco do Tempo Lugo
Centro Social Madia Leva
Comité de Defensa das Rías Altas
Coordinadora Por Chantada-CUP
Cova Crea
Ecoloxistas en Acción Galiza
Enxeñería Sen Fronteiras
Grupo de Apoio Mutuo A Coruña
Grupo de Apoio Vecinal dos barrios de San Pedro e Almáciga – Santiago de Compostela
Lugo Sen Mordazas
Mercado da Terra Lugo
Modepen Lugo
Petón do Lobo
Plataforma AUGA limpa xa
Plataforma Galega para a Defensa Animal e Da Natureza
Polamiuda (Asociación feminista de Chantada)
Rede para o decrecemento Eo_Navia Galiza O Bierzo
Roxín Roxal
Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas
Stop Desafiuzamentos Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com