O Nadal da TIC chama ao InLugo a moitos dos nosos maiores

Numerosos lucenses de máis de 55 anos participaron hoxe no Nadal da Tic, que se celebra durante todo o día no InLugo, entidade xestionada pola Fundación TIC da Deputación. O Presidente provincial e da TIC, Darío Campos, o patrón e Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sumáronse á xornada compartindo as actividades cos maiores.

Darío Campos subliñou que “é unha satisfacción para nós comprobar como os maiores que se achegan á TIC aprenden a sacarlle o mellor partido ás novas tecnoloxías e como se implican en todo o que facemos. Neste caso, á parte didáctica engádeselle a máis lúdica e divertida, que contribúe a favorecer as relacións entre eles e tamén cos seus amigos e familiares a través das novas tecnoloxías”.

No Nadal da TIC os participantes poden crear música e sons con diversas apps, ser os protagonistas dun calendario de 2018 e recibir consellos sobre os mellores hábitos de alimentación. A xornada, que estivo aberta a todos os maiores  interesados, continuou pola tarde ata as 19:00 horas.

Darío Campos, Álvaro Santos e Lara Méndez formaron parte do coro que cantou Noite de paz ao son do teclado das tabletas que tocaban varios dos usuarios que estiveron ensaiando estes días para que todo saíse perfecto. Esta panxoliña formou parte do taller TIC Sonoro, no que os maiores teñen acceso a diversas apps con forma de piano ou cordas de guitarra, coas que poden crear música e sons.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com