11,30 h.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participará na presentación da nova actividade Os Bolechas. Nadal sen neve, no marco do programa de dinamización lingüística Nadal en Rede 2019. No salón de actos do Pazo de San Roque (rúa de San Roque, 2). foto xoán crespo 19/12/2019

Nadal en galego, cos Bolechas

Os Bolechas celebran o Nadal, sen neve e moi preocupados polo quecemento do planeta, no marco das propostas de dinamización lingüística do programa Nadal en Rede impulsado pola Rede de Dinamización Lingüística. A Xunta, Edicións Bolanda, Gadis e a TVG presentaron hoxe a xa tradicional xira que levará os irmáns animados máis famosos de Galicia a oito concellos do 21 ao 30 de decembro.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto e sinalou na súa intervención que Os Bolechas, “que falan sempre en galego e son o mellor referente galegofalante para a cativada, son tamén unha das propostas máis divertidas coas que encher as programacións municipais destinadas ao lecer das familias e da xente miúda e un dos mellores motivos cos que galeguizar a celebración destas datas”.

Participaron canda el Tomás Valín, responsable de Bolanda Edicións; Antonio Cortés, director de Mercadotecnia de Gadis, e Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG. O acto contou coa asistencia dun grupo de 41 alumnos e alumnas do compostelán CEIP Mestre Rodríguez Xixirei da Lavacolla.

A proposta teatral con monicreques manipulados arranca este mesmo sábado, 21 de decembro, en Curtis e, na nosa provincia, poderase gozar  o sábado 28 na Pobra do Brollón (na Casa da Cultura Olga Novo, ás 18,00 horas).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com