O Concello do Incio programa tres espectáculos de maxia para este Nadal. O Goberno local completa así a programación cultural e lúdica para estas datas.
A primeira das actuacións será o día 23 de decembro co mago Samuel Moreno, concursante do programa de televisión Got Talent. Ás 19:00 horas no multiusos do Concello.
A segunda será o día 29 de decembro co mago Lolo no Val do Mao ás 19:00 horas. E a terceira está prevista para o 30 de decembro co mago Rafa ás 19:00 horas en Vilademouros.
As actuacións, de carácter gratuíto, están pensadas para todos os públicos. Ademais destas actividades, o Concello do Incio puxo en marcha un concurso de debuxo infantil, ao que sumou un torneo de futbolín e unha clase maxistral, que se vai celebrar o día 29 de decembro. Este mesmo sábado programou un concerto de Lucía Pérez na Igrexa do Hospital ás 19:00 horas.
Trátase, en palabras do rexedor, “de ter unha oferta cultural e lúdica no noso Concello da que poidan gozar os nenos e nenas e tamén os adultos”, precisa.