Nadela celebra este domingo a XVI Feira do Entroido

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, mantiveron unha xuntanza co presidente e o presidente honorífico da Asociación Carballeira de Nadela, Carlos Puentes e Manuel González, respectivamente, para pechar os preparativos da XVI Feira do Entroido de Nadela, que acollerá a carballeira desta localidade o vindeiro domingo 31 de xaneiro.

Un centenar de expositores daranse cita nesta nova edición da Feira do Entroido, onde, a partir das 09:00 horas e baixo unha carpa, se porán á venda produtos característicos destas datas, así como postres típicos do entroido e artesanía. Mercedes Expósito, veciña de Nadela e autora do libro De la Garçon e a la Pin-Up. Mujeres y hombres en el siglo XXI, será a encargada de ler o pregón, tras a benvida da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Para os interesados en asistir, o Concello pon á súa disposición un servizo gratuíto de autobuses dende as 09:00 horas ás 15:00 horas, dende diante do Instituto Virxe dos Ollos Grandes, con frecuencia dunha hora.

Miguel Fernández declarou que “dende o Concello colaboramos con esta feira posto que se enmarca na nosa decidida aposta por potenciar a comercialización dos produtos con denominación de orixe Lugo e no noso compromiso polo medio rural”, e convidou a todos os lucenses e visitantes a achegarse a Nadela para mercar “o mellor que ten o entroido, os seus produtos gastronómicos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com