Nava Castro valora o papel do turismo activo como impulsor do patrimonio cultural

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou esta mañá en Guitiriz o avance das obras de mellora e sinalización da accesibilidade da Ruta da Auga, onde se realizaron unha serie de actuacións que favorecen a práctica de actividades de turismo activo, termal e de saúde á vez que poñen en valor o rico patrimonio natural desta zona situada no interior da provincia de Lugo.

Os traballos levados a cabo foron posibles grazas a un convenio asinado entre Turismo de Galicia e o Concello de Guitiriz o pasado verán e inclúense no compromiso da Xunta de Galicia por colaborar cos concellos galegos no impulso dos seus recursos turísticos. Este compromiso materialízase a través da sinatura de convenios como este ou coa liña de axudas que convoca anualmente Turismo de Galicia para, entre outras actuacións, mellorar as infraestruturas, promover as festas de interese turístico ou para contratar persoal nas oficinas de turismo, para as que varias das convocatorias deste ano se manteñen abertas.

Durante a visita, Nava Castro salientou a importancia que esta colaboración ten para o desenvolvemento diversificado e sustentable do turismo en Galicia. Algo que queda de manifesto no gran interese das administracións locais galegas para impulsar a súa actividade turística como así o demostra a concorrencia ás liñas de axudas que convoca a Xunta así como o traballo diario dos concellos, que permite que os beneficios económicos, sociais e culturais que xera o turismo poidan chegar a todos os galegos.

As actuacións da Ruta da Auga –para as que Turismo de Galicia aporta o 75% do investimento- permiten pór en valor o potencial de Guitiriz como destino de turismo activo, termal, cultural e familiar, así como impulsar a súa fonda tradición xacobea. O itinerario aglutina o potencial patrimonial do Camiño do Norte e inclúe o percorrido por tres das fontes de augas mineromedicinais deste concello: Fonte de Valdovín, en Parga; Fonte de San Xoán, en Lagostelle e Fonte de Pardiñas, na aldea do mesmo nome.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com