A Xunta de Galicia apoia a Festa da Androlla de Navia de Suarna, que se celebra o vindeiro domingo, 23 de febreiro, e alcanza este ano a súa trixésima edición.
A Delegación Territorial de Lugo explicou que a Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal) concedeu 2.000 euros para a organización desta cita, coa que a Consellería do Medio Rural xa veu colaborando en anos anteriores.
Por outra banda, dende a Xunta lamentan que ningún representante da Administración autonómica fora convidado ao acto de presentación da feira, o que consideran unha falta de respecto institucional que racha o protocolo habitual.
A Delegación Territorial apunta que Agacal, dependende do departamento de Medio Rural, apoia esta cita no marco das súas funcións en materia de promoción, potenciación e protección da calidade das producións alimentarias en Galicia.