O Concello de Lugo ven de anunciar que “Este ano non se renovaran os pregos do Recinto Feiral nin das casetas do polbo, por tratarse de dúas zonas nas que se producen masificacións” Declarou a edil de cultura . Asemade informou que “este ano realizarase unha programación distribuída polas distintas zonas da cidade, evitando grandes concentracións de xente e tendo sempre en conta as indicacións das autoridades sanitarias”.
“Debido a que a situación sanitaria pode ter grandes cambios en poucos días, desde a área de Cultura organizaremos as distintas actividades das festas con toda a flexibilidade que sexa posíbel” . En troques si se convocará o concurso de cartaces. para elo un xurado escollerá aos finalistas e logo a veciñanza poderá elixir o gañador.