O deputado do BNG nas cortes do Estado, Néstor Rego, defenderá a creación dun xulgado específico de Violencia de Xénero para Lugo. Néstor Rego indicou que “a creación de tres xulgados específicos, nas tres cidades que aínda non contan con un, é un dos piares básicos do noso acordo de investidura”.
“A provincia de Lugo precisa dunha sala especializada na que tratar este tipo de casos, e na que se poida dar ás vítimas a atención que precisan”, afirmou o deputado nacionalista.
O BNG aposta pola comarcalización do servizo e que, esta dependencia xudicial acollese todos os casos que se produzan en Lugo, permitindo que a atención se poida realizar nunha instalación próxima ás vítimas para reducir a perturbación que o proceso xudicial implica.
“O acordo de investidura inclúe a modificación da Lei Integral de Violencia de Xénero, que deberá considerar os delitos sexuais contra as mulleres como un acto de violencia de xénero”, indicou Néstor Rego, que engadiu “estas medidas son precisas para rematar co maltrato, a violencia machista e os feminicidios, lacras da actual sociedade patriarcal”.
Xan 30, 2020 - 02:13 PM
Y lo que digan jueces, fiscales, abogados y asociaciones le da igual 🤦♂️