Neva na cidade de Lugo e cen estradas provinciais acumulan ata un metro de neve

Neva na cidade dende a pasada noite, e o dispositivo de máxima intensidade que despregou a Deputación con motivo do temporal, composto por 102 operarios e 52 máquinas, está a despexar máis de 100 estradas provincias, con xeo e acumulacións de neve de ata 1 metro.

É o caso das máis de 60 vías provinciais de Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro –os municipios máis afectados- polas que durante a mañá, non se puido transitar.

Os operarios da institución tamén actúan en vías de Baleira, O Incio, Meira, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Taboada e Triacastela.

En total, son 111 estradas provinciais de 18 Concellos, arestora cortados ao tráfico, as que despexa o dispositivo da Deputación.
Escoitamos ao voceiro provincial socialista, Manuel Martínez:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com