A neve obriga a cortar numerosas vías provinciais ao tráfico na Montaña e na zona Sur

A presenza de neve na provincia obrigou ao goberno da Deputación a cortar a primeiras horas desta mañá as estradas provinciais na Montaña e na zona Sur. Asemade, a neve e o xeo deixaron sen clase a 385 alumnos de 21 centros educativos. A pesares das grandes faltas o único centro que suspendeu as clases de hoxe foi o CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, unha das localidades máis afectadas polas nevaradas.

No último día do inverno, o vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable de Vías e Obras, Manuel Martínez, informou a primeira hora a mañá de que a copiosa nevada que caeu durante a noite en varios puntos da Montaña e da Zona Sur da provincia provocou acumulacións de 20 a 30 centímetros e obrigou a pechar ao tráfico máis de medio centenar de estradas provinciais.

Os municipios máis afectados son Cervantes, Navia de Suarna e Negueira de Muñiz, onde a acumulación de neve obrigou a pechar practicamente todas as estradas da rede viaria provincial, á espera do dispositivo de  vialidade invernal. Por parte da Deputación de Lugo tamén se está tratando de facilitar a chegada do persoal do programa Xantar na casa, ás casas dos beneficiarios desta iniciativa no municipio de Samos.

Os medios da Deputación de Lugo tamén están a traballar para despexar as estradas doutros municipios moi afectados pola neve, como Baleira, Becerreá, O Caurel, O Incio, As Nogais, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol e Taboada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com