Logo dunha noite complicada, tal e como xa previra, Manuel Martínez, con problemas en Navia, O Courel, Becerreá ou A Fonsagrada,a situación nas estradas dependentes da Deputación de Lugo é a seguinte:
Becerreá 10cm. En Pena do Pico, Escola alta montaña, Louxas.
Courel, 15cm. con todas as estradas afectadas aquí estívose a traballar coas maquinas ata as dúas da mañá, “nun traballo extraordinario por parte da empresa para evitar a irresponsabilidade do goteo constante de vehículos”.
Samos, 10cm. con 15cm. en Aira Padrón onde o vento forma trousos de ata 30cm.
A Fonsagrada, esta noite foi peor e hoxe amenceu con 10cm. en practicamente todas as estradas.
Negueira Muñiz 15cm.
Ribeira Piquin 10cm. nas estradas da Serra de Meira e nas que saen cara a Asturias.
O Incio de 5 a 10 cm. na estrada de Megoxe a Ferreria.
Cervantes, a estas horas a situación está moi complicada 15cm. en todas as estradas con lugares que chega aos 30cm. e máis de medio metro na Campa dá Braña. Aquí a situación é complicada pola ausencia de sal na máquina, o que obriga a levar un medio máis.
Piornedo moi complicado 15cm.traballando para abrir o acceso ao pobo.
Navia de 10 a 15cm., complicado no Restelo e moi complicado no resto.
Baleira 10 cm. Na estrada de Córneas.
Pedrafita, de 10 a 15cm. chegando a 20 cm. no Portelo.
As Nogais e Triacastela sobre 10cm. nos lugares maís elevados.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.