Ningunha empresa optou ao concurso público para a xestión do Centro de Día Antonio Gandoy

O Partido Popular critica que o goberno local non fose quen de adxudicar, nun prazo de doce meses, a xestión do único centro de día municipal que ten ao seu cargo. Para o Grupo Popular o feito de que quedase deserta a contratación supón un novo varapau e que certifica que “non mellora o ritmo de xestión xa que se antes a alcaldesa era incapaz de avanzar arestora nin con vicealcalde son quenes de poñer orden neste servizo”.

A concelleira popular Carmen López Silva explicou que “nun período de catro meses xa van dous intentos fallidos na adxudicación deste servizo”. A edil aclarou que “o primeiro fracaso foi en maio cando o concello viuse obrigado a facer modificacións no prego de condicións por mor dun recurso no que se valoran máis cuestións sociais que económicas e, arestora no mes de agosto, atopámonos con que non hai empresas interesadas en asumir a xestión deste servizo”.

Carmen López Silva amosou a súa preocupación porque “estamos a falar de atención ás persoas maiores, o goberno local debía ser máis efectivo e sensible tendo en conta a importancia desta prestación”.

A concelleira cre que “os retrasos de máis de 5 meses en abonar as cantidades que lle corresponden á concesionaria do Centro de día Antonio Gandoy poderían frear a outras empesas a interesarse en participar nesta contratación”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com