No novo convenio de Benestar con Escolas Infantís privadas podería estar a solución da gardería do Sagrado Corazón

Os pais afectados polo peche da escola infantil que Abanca ten no barrio do Sagrado Corazón xa levan recollidas máis de 2.500 sinaturas para reverter esta situación. Comezaron a recolleita a semana pasada e ademais das sinaturas xa conseguiron unha xuntanza co máximo responsable de Afundación, Miguel Angel Escotet. Asemade, representantes dos pais afectados polo peche da gardería manterán unha reunión este luns con Jaime Castiñeira e o grupo do PP no concello de Lugo.

Como dicíamos, para este xoves ás 12.30 está fixada unha reunión coa presenza de Miguel Ángel Escotet, Presidente  da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e Director Xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA.  Escotet reunirase cos representantes dos pais afectados polo peche e con membros da asociación de veciños “Porta de Lugo” entre os que figura José Manuel Carballo, presidente de dita asociación e vicepresidente da Federación de Asociacións de veciños da provincia.

Tamén sería de grande utilidade para todos unha reunión a tres bandas entre os representantes dos afectados, a obra social e a Xunta de Galicia, para estudar a que acordos poden chegar a administración autonómica e  Afundación; xa que a Consellería de Traballo e Benestar está a piques de publicar un convenio con escolas infantís privadas para ofrecer novas prazas de 0 a 3 anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com