No San Froilán a fonte de San Vicente volverá botar viño

A Asociación Lugo Monumental participará este ano nas festas de San Froilán facendo manar viño novamente da fonte de San Vicente o 4 de outubro ás 21:15 tralo pregón.
Aínda que a asociación non é partidaria de repetir o evento fóra das datas en que habitualmente se fai, este ano fará unha excepción xa que se compren 50 anos desde a primeira vez que a fonte manou viño no San Froilán de 1969.

Volveuse a este acto, de forma irregular, nos anos oitenta e nos noventa, en que houbo tres edicións seguidas entre 1992 e 1994. Popularizouse tanto, probablemente, pola súa rechamante estética e pola orixinalidade do sistema, que foi cambiando ao longo do tempo.
Dende o ano 2014 Lugo Monumental repite cada 29 de xullo -día de Santa Marta, patroa da hostelería- esta peculiar tradición que tanto lucenses como foráneos gozan ano tras ano.
Si na súa orixe o viño corría polas canerías da fonte, actualmente utilízanse tubos alimentarios e un sistema de circuíto pechado que fai que o viño non entre nunca en contacto coa propia fonte por motivos de seguridade do monumento e, por suposto, de salubridade e hixiene.
Lugo Monumental propuxo ao Concello incluír no programa de actos esta edición especial do “milagre” de San Vicente para conmemorar eses 50 anos de tradición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com