A Comisión permanente da Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo, quere facer público en nome deste colectivo, o seu rotuno “Non” ao peche ou redución dos servizos nos diversos cuarteis da Garda Civil na provincia de Lugo. Non admitimos unha planificación centralista “de despacho” que xera un grave erro de decisión, sen coñecer a diversidade dos territorios, xa que iso traería criterios distintos e realistas; moito máis grave onde a poboación é dispersa. Tampouco pode utilizarse en lugares como a Comunidade Galega como referencia única o parámetro de habitantes de cada núcleo. Hai que avaliar a situación dunha poboación envellecida, dispersa e con múltiples núcleos de poboación, con casos de entre 1 e 3 habitantes por núcleo.
A Garda Civil en Galicia e en Lugo están integradas no pobo e é dá seguridade e é disuasorio en momentos como o actual. Consideramos tamén que a nosa zona de montaña ten que ter un trato especial e non falamos só de operatividade, falamos de seguridade, de números na rúa e nos pobos. Esiximos mantéñase o control exhaustivo nos camiños de Santiago que cruzan a provincia co seu encomiable labor de orientación e axuda, a un fluxo que sen ser un ano Santo sitúase en máis de 5.000 persoas mes.
José Manuel Carballo.