Non ao recorte de servizos ferroviarios!

A Plataforma “Lugo… non perdas ou tren” está a seguir con preocupación as actuacións de Renfe na prestación de servizos ferroviarios de longo alcance con Galicia e a provincia de Lugo, agora neste momento coas reorganizacións ou alteracións de servizos de Trens Hotel que comunican Galicia e Lugo en especial con Cataluña e con Madrid. Lugo non pode estar xa sen conexión ferroviaria con Barcelona (Tren Hotel que comunica diariamente Lugo con Barcelona e Tren Alvia diario Monforte de Lemos (Lugo) – Barcelona e cun só tren ALVIA diario a Madrid. Neste sentido reclamamos o cumprimento do Contrato de Servizos OSP de Decembro 2018, con obrigacións de servizo público ata 2027, exposto na nosa entrevista cos responsables de Renfe Galicia o pasado mes de Febreiro de 2020.

Así mesmo continuamos reivindicando o incremento de conexións con Ourense e con toda a comarca do Bierzo e chegada a León. De non conseguir a recuperación de servizos e o incremento citado, obrigaríanos a forzar novos movementos cidadáns para “presionar” ao Presidente de Renfe, xa que como servizo público que é a compañía, ten que mellorar a súa xestión e atender as peticións que lle chegan desde a cidadanía. Envíase copia deste escrito ao Representante Institucional de Renfe de Galicia, para que tamén o faga chegar ao Presidente de Renfe don Isaías Táboas.

Lugo ao 6 de xuño de 2020 Comisión Executiva “Lugo non perdas ou Tren”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com