“Non se pode xogar cuns rapaces que o único dereito que reclaman é estudar en Lugo”

Tras o ultimato e as denuncias públicas do Alcalde e veciños de Láncara, a Xunta de Galicia “por fin” restableceu, este luns, a liña de autobús das 14:35 horas, de Lugo a Pobra de San Xiao. O Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, xunto ao Tenente de Alcalde, Pablo Rivera Capón, comprobaron in situ a restitución da frecuencia para constatar que o Goberno Galego rectifica a súa decisión de eliminar dita liña.

O Rexedor socialista explicou que “dende o Concello non nos gusta ter que adoptar este tipo de posturas, pero para nós os veciños e os servizos públicos son esenciais. Non se pode xogar así cuns rapaces que o único dereito que reclaman é poder ir a estudar a Lugo. Non íamos consentir que se xogara coa vida de ningunha persoa despois de coñecerse que os rapaces viaxaban de pé ou sentados nos corredores do autobús por non ter prazas dispoñibles”.

Piñeiro López criticou duramente a postura do edil do PP de Láncara que “sempre se autoproclama en negociador coa Xunta de Galicia. Non había máis que ver a cara do Delegado territorial, o señor Balseiro, din que é o reflexo da alma, e aquel rostro desprendía un “en vaia lío me metiches Santiago”. “Está claro que cando alguén que non ten coñecemento do Concello e non ten moita experiencia, como o caso de Cubillas, vai a falar coa Xunta, Láncara sae duramente prexudicada.”

“O máis relevante é que hoxe puidemos facer o percorrido das 14:35 horas que une Lugo coa Pobra de San Xiao. O máis importante é que os veciños e o Concello pelexamos duramente por aquilo que consideramos nos pertencía. E aquí está. Estamos seguros que a partir de agora xa non volverán a xogar con nós.”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com