Nós – Candidatura Galega apoia á Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo

A candidata de Nós – Candidatura Galega apoiou hoxe en Lugo o que a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego definiu como “xornadas pedagóxicas”. Olalla Rodil estivo no centro comercial de As Termas e afirmou que “Rajoy e Tejerina estafaron aos gandeiros e gandeiras deste país”. Rodil lembrou que a situación dos gandeiros segue a ser desesperada, xa que seguen percibindo o mesmo prezo polo leite que no mes de xuño, cando comezaron as mobilizacións, un prezo que non cubre custes de produción.

Rodil manifestou o “total apoio de Nós – Candidatura Galega a todas as accións e medidas de presión que dende o sector se impulsen nestes vindeiros días” e compartiu a necesidade de “explicarlle aos consumidores a delicada situación que atravesa o sector e a presión que se debe exercer sobre a distribución, que si subiu o prezo final do cartón de leite, pero non lle trasladou esa suba nos lineais aos gandeiros e gandeiras”.

“Este é un dos moitos casos nos que é necesaria unha representación galega en Madrid, por que as deputadas e deputados dos partidos estatais nin entenden, nin queren entender cales son os problemas dos nosos sectores produtivos” sinalou Olalla Rodil e engadiu que “moitas das solucións a estes temas pasan por decisións políticas que se toman nos depachos madrileños e se Galiza non está, a nosa xente queda vendida”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com