Nova baixada de infectados por Coronavirus na Área de Lugo

Se onte eran 631 os infectados activos, 71 menos que no día anterior, hoxe volveu baixar a cifra de contaxiados en 40 casos.  Este dato vén producido polo aumento de altas médicas e a importante baixada de positivos detectados. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.900, deles 1.890 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 366 da de Ourense, 842 da de Pontevedra, 945 da área de Vigo, 645 da de Santiago e 621 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 114 están en UCI, 419 en unidades de hospitalización e 5.367 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 104.207 persoas curadas, rexistrándose 2.220 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.660.450.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com