Un día máis segue a baixada de infectados por coronavirus en Lugo. Nas últimas 24 horas contabilizanse 11 casos menos, isto indica que o andazo comeza a estar controlado. Hai que estremar as precaucións dende hoxe , cando saiamos á rúa para no volver aos contaxios.
Sería una autentica traxedia ter que dar pasos atrás e volver ao confinamento logo do conseguido. Ademais ese escenario agora non sería soportable nin para a cidadanía ni para a economía.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus no país ascende a 3.235, deles 787 son da área da Coruña, 227 da de Lugo, 632 da de Ourense, 194 da de Pontevedra, 768 da área de Vigo, 476 da de Santiago, e 151 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 37 permanecen en UCI, 261 están en unidades de hospitalización e 2.937 no domicilio. Nestes momenetos hai un total de 5.981 persoas curadas, rexistrándose 557 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 101.036