A nova Directora de Persoal marca como obxectivo prioritario convocar unha nova OPE

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, abordaron este xoves coa Directora Xeral de Recursos Humanos, Ana Sáez, a folla de ruta a seguir para mellorar a ordenación do persoal do Concello de Lugo.

A folla de ruta marca actuacións prioritarias, actuacións a medio e longo prazo e actuacións paralelas. Dentro das accións prioritarias, destaca a adecuación da estrutura orgánica e definición dos postos de traballo, así como a convocatoira de prazas incluídas en ofertas de emprego público que se atopan sen desenvolver e a convocatoria da nova oferta de emprego público.

Así mesmo, plantéxase a contratación de persoal temporal en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, así como a repartición da bolsa de produtividade correspondente a este exercicio orzamentario e a actualización do sistema do control horario.

A medio prazo, o Concello estuda a elaboración dunha definitiva da RPT, implementar adscricións definitivas de postos e actuacións de mobiliade, sensibilizar cara a administración electrónica, impulsar a formación permanente dos empregados públicos e intensificar medidas de conciliación da vida laboral e familiar.

No que se refiere a accións paralelas, o equipo de goberno proxecederá, en cumprimento a un acordo plenario, a realizar os pasos necesarios para materializar a funcionarización do persoal laboral fixo do Concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com