Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo esta fin de semana de xoves a sábado en pases de 20:30 e 22:30. no “Clavi”. Nestas novas sesións representaranse, coma sempre, catro pezas.
O grupo, que cumpriu once anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do local.
As pezas que se representarán en cada sesión serán:
– Anónimo polo carallo. Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretes: Isa Herrero, Elvira Velasco, Brais García e Anxo.
– Iso non é asunto meu. Escribe e dirixe Raquel López Cendán. Interpretan: María Grandío, Brian Rodríguez e Raquel.
– La aspiración. Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Anxo Manoel, Isa Herrero e Brian.
– La refriega (re)suave. Escribe e dirixe Brian Rodríguez. Interpretan Anxo Manoel, María Grandío, Brais García e Brian.
Para mercar entradas pódese facer través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace:https://www.woutick.es/evento/26996/entradas-microefectos-dramaturxicos-2024. Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.