Á cifra de onte que se situaba en 214 casos, hai que engadirlle 16 casos máis polo a que día de hoxe hai 220 infectados. Queda claro que a relaxación das medidas destes días, logo do final do Estado de Alarma, con botellóns na rúa, festas en domicilios e outros “saraos” trae consecuencias e estas consecuencias poden propiciar a posibilidade de volver a máis restricións e o que é peor, mais persoas que podan falecer. Ata que a estea moito máis avanzada a vacinación non se poden relaxar as medidas de protección ou corremos o risco de volver pasar outro verán amolados.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.656, deles 539 son da área da Coruña, 200 da de Ourense, 343 da de Pontevedra, 812 da área de Vigo, 455 da de Santiago e 87 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 30 están en UCI, 108 en unidades de hospitalización e 2.518 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 120.858 persoas curadas, rexistrándose 2.410 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.207.456.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.737.491.