Nova mobilización dos traballadores de Linorsa

Maña Venres 1 de Abril  os traballadores e traballadoras de Linorsa teñen convocada unha mobilización a partir das 11:30 h, para reclamar o cobro dos seus salarios.

A central sindical, xa denunciara que “aínda que Linorsa perdeu os servizos de limpeza de todos os xulgados de Galiza, continúan a ser moitas as administracións públicas que manteñen os contratos con esta empresa, que acumula un longo e reincidente historial de incumprimentos salariais e laborais”.

A mobilización consistirá nunha CARAVANA DE COCHES que partirá desde A Estación do Tren para a a continuación subir pola rúa Nicomedes Pastor Díaz, Ronda da Muralla, Rúa Montevideo, rúa Quiroga Ballesteros, Praza de santo Domingo, rúa do Teatro, rúa Castelao, rúa Miguel de Cervantes, rúa Montero Rios, Calzada das Gandaras, e remate diante da Residencia das Gandaras.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com