O Concello de Lugo vén de habilitar unha oficina de atención cidadá para canalizar as demandas en materia de limpeza viaria e recollida de lixo.
O local, sito na rúa Clérigos, abrirá este martes as súas portas e permanecerá operativo de luns a venres, en horario de 09:00 a 13:30 e de 15:30 a 18:15 horas.