Nova plataforma para as eleccións municipais en Lugo

Este xoves tivo lugar a presentación dunha nova plataforma que se ven sumar as moitas que xurdiron na cidade nos últimos tempos para concorrer ás eleccións municipais. Co nome de Alternativa Cidadá de Esquerdas esta plataforma, ao contrario que outras definese polo seu nome, son xente de esquerdas e non o esconden.

A plataforma defínese como un grupo de cidadáns que veñen coincidindo nos últimos tempos en distintas mobilizacións en defensa dos servizos públicos, folgas, no movemento a prol da república e que queren, dende unha óptica de esquerdas, mudar as políticas que se están a realizar dende o concello de Lugo empoderando á cidadanía

Os seus membros proceden de todos os ámbitos da sociedade: empresa privada,  partidos políticos, movemento sindical, e que comparten a preocupación polo presente e futuro de Lugo. Preséntanse á cidadanía coa intención de acadar unha maioría municipal rupturista e de esquerdas.

O seu programa electoral consta de 66 propostas que presentarán a todas aquelas organizacións, partidos, asociacións ou cidadáns, para poder artellar un bloco capaz de gañar as eleccións  ao concello.

A pretensión desta plataforma é a de conformar unha candidatura que aglutine ao maior número posible de persoas e abrir un proceso de primarias.

De non acadar un consenso para presentar una candidatura conxunta, están dispostos a presentar a súa propia á vindeiras eleccións municipais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com