Maña xoves, a cidade de Lugo volverá estar colapsada pola manifestación dos Gandeiros de Suprema Galega para esixir uns prezos dignos as súas producións de carne acollida á denominación Suprema Galega.
Logo da anterior manifestación o pasado 18 de abril, os gandeiros volverán a saír do polígono empresarial de As Gándaras para percorrer as rúas de Lugo ata chegar ao edificio administrativo da Xunta onde estacionaran os seus tractores e farán unha marcha a pé polo centro de Lugo para rematar de novo diante da Xunta.