Nova proxección dentro do ciclo Mulleres co filme ‘Sufraxistas’ na Sede de Afundación

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema Mulleres na súa sede de Lugo (praza Maior, 16) coa proxección, mañá martes 20 de marzo, a partir das 20.00 h, do filme Sufraxistas. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Este ciclo de cine é parte da programación que a Obra Social de ABANCA deseñou para conmemorar o Día Internacional da Muller. As vindeiras proxeccións na Sede Afundación de Lugo serán o 3 de abril con Tolas de alegría e o 10 de abril con As inocentes.

Sarah Gavron dirixiu no 2015 Sufraxistas, protagonizada por Helena Bonham Carter, Carey Mulligan, Anne-Marie Dugg e Meryl Streep. Este filme relata a historia das mulleres obreiras británicas que, a comezos da I Guerra Mundial, se atreveron a desafiar ao poder, arriscándose a perdelo todo, para conseguir dereitos e liberdades e reivindicar o seu papel na sociedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com