O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, o Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Castro Caldelas, Inés Vega, mantiveron esta mañá unha nova reunión de traballo na cidade do Cabe para promover o turismo na Ribeira Sacra. Esta reunión é unha continuidade doutra mantida en Castro Caldelas o pasado 11 de setembro. Esta mañá no Mirador do Duque estudouse a viabilidade de proxectos conxuntos entre as dúas Deputacións e os Concellos de Monforte e Castro Caldelas, que sirvan para promocionar a Ribeira Sacra.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.