María José Gómez tomou posesión esta mañá como nova xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta, Javier Arias. A nova xefa territorial xa viña desenvolvendo funcións na administración autonómica ao ser xefa do servizo de Coordinación Cultural e Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en Lugo, cargo que
compaxina co de alcaldesa do Concello de Guntín.
Licenciada en Humanidades e en Filoloxía Inglesa, antes de súa incorporación a tarefas de responsabilidade pública, foi docente durante 11 anos no IES de Palas de Rei e no IES de Monterroso.
Nunha primeira xuntanza co delegado da Xunta en Lugo, Arias agradeceu a súa dedicación pública ao longo destes anos ao mesmo tempo que lle puxo ao día dos asuntos educativos na provincia, xa inmersos nos preparativos do vindeiro curso académico, para dar continuidade ao labor da súa predecesora, Mariña Gueimunde, a quen agradeceu o seu traballo e compromiso ao longo dos últimos anos.