Novas actividades divulgativas da Deputación nos tres concellos da Reserva dos Ancares Lucenses

A Deputación de Lugo lanza unha nova programación de actividades de divulgación e de educación ambiental para o segundo trimestre do ano sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, un territorio xestionado pola propia institución provincial. As xornadas desenvolveranse os meses de abril, maio e xuño nos concellos que integran esta Reserva: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha das actividades poderán reservar a súa praza desde este mesmo luns, 28 de marzo, a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacion.org. Para obter máis información, poden chamar ao número de teléfono 982.227.812 ou 982.227.813. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva, e ata completar o aforo.

Programación

O programa está dirixido a todos os públicos e inclúe un campamento científico, xogos tradicionais, un curso de cestería, unha saída para identificar árbores autóctonas ou unha ollada xeolóxica na contorna do Piornedo.
Becerreá
– 9 de abril: Xornada viaxeira. Esta actividade está dirixida a público familiar e sairá desde a Casa do Concello de Becerreá ás 11.00 horas, prolongándose ata as 19.00 horas. Hai un total de 75 prazas.
– 27, 28, 29 e 30 de xuño: Campamento científico. Esta é unha actividade infantil que conta con 15 prazas. Desenvolverase no Centro Social da localidade entre as 10.00 e as 14.00 horas.

Navia de Suarna
– 16 de abril: Xogos de agora e de sempre. Esta é unha actividade orientada a nenos e nenas que conta con 20 prazas. Desenvolverase na Escola de Barcia entre as 17.00 e as 19.30 horas.
– 4 de xuño: Curso de cestería. Esta acción está pensada para público adulto. Farase en horario de 16.00h. a 21.00h. Hai 8 prazas dispoñibles.

Cervantes
– 4 de xuño: Unha ollada xeolóxica na contorna do Piornedo. Esta actividade diríxese ás familias e terá lugar en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 20.00 horas na Antiga Escola de Piornedo. 25 prazas dispoñibles.
– Saída de Identificación de árbores autóctonas nos Ancares. Esta acción formativa está dirixida ao alumnado do CPI de Cervantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com