Hoxe venres, ás 18,00 horas, no Auditorio Gustavo Freire e, dentro da sección infantil, vaise celebrar unha “lección maxistral” coa película A tropa de trapo na Selva do Arco da Vella, á que asistirá a representante de Abano Producións, Chelo Loureiro, que viaxa desde San Sebastián, onde se atopa presentando unha nova película. Nesta acción participará tamén a cantante Pilocha, autora da canción da película.
“A Tropa de Trapo na Selva do Arco da Vella” é un filme de 75 minutos, dirixida ao público infantil de 2 a 6 anos, cunha trama que se centra nas aventuras dun grupo de amigos que tentan devolverlle as cores perdidas ao arco da vella. Aínda que a película foi dobrada a diversos idiomas nos países onde foi estreada, as pezas musicais da longametraxe mantéñense en galego.
Tamén hoxe venres, e para pechar a sección retrospectiva dedicada a Mercedes Cora (Deputación Provincial, 20 horas), viaxarán desde Madrid aLugo a filla e o neto da actriz de Castroverde homenaxeada.