Novas escavacións na aldea sueva de Trigás 

Os novos achados arqueolóxicos na aldea Sueva de Trigás en Mondoñedo, permiten saber un pouco máis “sobre o mundo rural do século VI e así coñecer o modo de vida dos habitantes desta aldea na época sueva e, polo tanto, “saber algo máis das nosas orixes”.

A subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez, que visitou hoxe estas escavacións, felicitou aos arqueólogos e arqueólogas,  subliñando a aposta do Goberno polo coñecemento e a investigación.

Os novos achados que puido comprobar en primeira persoa durante o percorrido que comezou na igrexa de San Vicente de Trigás, son froito das escavacións arqueolóxicas do proxecto “Ecoloxías e economías locais na Alta Idade Media” (Ecoloc), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com