Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://www.woutick.es/evento/26996/entradas-microefectos-dramaturxicos-2024 Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.
O grupo, que cumpriu once anos de existencia o pasado mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Pezas:
La Cangrena, escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: María Grandío, Elvira Velasco e Anxo Manoel. Main Stage, escribe e dirixe Brais García. Interpretan: Raquel López Cendán, Brian Rodríguez e Brais García. Non foi sen tempo, escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan: Isa Herrero, María Grandío e Elvira Velasco. Wonderful World. A leiteira vs. Maslow, escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan Anxo Manoel, Brian Rodríguez e Isa Herrero.