Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick, tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.
O grupo, que cumprirá once anos de existencia o próximo mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
As pezas que se representarán son:
Pro(toco)lapso Escribe e dirixe: Raquel López Cendán. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel e Raquel López Cendán.
Supermirafiori Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Isa Herrero, María Grandío e Anxo Manoel.
Clave liviá alivia o labirinto Escribe e dirixe: María Grandío. Interpretan: María Grandío, Brian Rodríguez, Brais García e Isa Herrero.
Señorío cutrerío Escribe e dirixe: Brian Rodríguez. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel, Brais García e Brian Rodríguez.