Novo céspede natural para o Martínez Otero de Foz

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, avanzou que o Executivo Provincial achega un investimento de 100.000 euros para dotar dun novo céspede natural ao campo de fútbol Martínez Otero de Foz, onde realizan os adestramentos todas as categorías deste club e que empregan máis de 300 rapaces da vila, xa que tamén adestran as Escolas Deportivas e os alumnos do Colexio. Campos Conde fixo este anuncio tras visitar estas instalacións deportivas acompañado do Presidente do Club Deportivo Foz, José María García Rivera.

“Con estas actuacións, levamos achegado, no último ano e medio, case 2,9 millóns de euros á mellora de infraestruturas deportivas. Así, só na modalidade de fútbol xa actuamos en 14 campos da provincia. Somos a administración galega que, sen dúbida, máis inviste en deporte na nosa provincia, a pesar de non ser a institución coas competencias directas na materia, nin, moito menos, a de máis fondos públicos, pois esta é, en todos os casos, a Xunta de Galicia”, destacou.

O Presidente explicou, que “nestas instalacións, que están cedidas polo Colexio Martínez Otero ao C.F. Foz, adestran máis de 300 rapaces das categorías de infantil, cadetes, xuvenís e sénior, ademais dos alumnos das Escolas Deportivas da vila e os do propio Colexio”. Lembrou que “este novo equipamento é unha demanda dos colectivos que usan estas instalacións a cotío”.

O Presidente remarcou que “con esta nova inversión de 100.000 euros, dende o Executivo Provincial xa temos achegado un total de 223.000 euros ao Concello de Foz para promover a práctica deportiva neste municipio. Así, levamos a cabo en solitario, cunha inversión de 100.000 euros, o proxecto de construción do novo hangar de piraguas, que xa se atopa a pleno rendemento. Ademais, colaboramos cos diferentes clubs da vila con 14.000 euros, e promovemos actividades e eventos deportivos no municipio con 9.000 euros”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com