A Deputación de Lugo en colaboración coa asociación Maruja Mallo organiza un novo ciclo de ciberfaladoiros. María Loureiro,eputada de Muller e Igualdade, participou este venres neste primeiro encontro do novo ciclo de Ciberfaladoiros Feministas. O programa deste 2021, baixo o título Mulleres que fan cousas, comezou esta tarde coa participación da escritora e filóloga ecuatoriana María Fernanda Ampuero, un encontro que a Deputada provincial aproveitou para poñer de manifesto que “a violencia machista e a fenda laboral e social entre homes e mulleres estanse vendo agudizadas nesta pandemia”.
María Loureiro argumentou que na crise sanitaria as mulleres están na primeira liña, desempeñando un papel extraordinario como traballadoras no ámbito sociosanitario, na ciencia, na investigación, dende os servizos esenciais, pero tamén asumindo a responsabilidade dos coidados no ámbito privado. O encontro retransmitiuse a través da canle de Youtube de Nomenklaturas Gestión Cultural.