Novo éxito do MusicAD, coa actuación do grupo galés Alaw na Capela de Santa María

A capela de Santa María de Lugo foi novamente o escenario dun novo éxito de público, coas 200 entradas dispoñibles esgotadas, coa actuación do grupo galés Alaw, dentro dentro do ciclo MusicAD. Esta iniciativa, completamente gratuíta, que organiza o Goberno Provincial a través do CENTRAD achegou 5 actuacións de música á Capela de Santa María dende o 4 ata o 25 de marzo.

Neste concerto, a formación galesa trasladou ao público lugués a unha viaxe musical a través da India, Bulgaria, pero, sobre todo, na súa actuación percibiuse a paixón polas vellas cancións de Gales.  Desde a elegancia ao virtuosismo, Alaw reflicte unha empatía que vén de moitos anos de traballo conxunto, e da que o público asistente puido desfrutar.

“Dende o Goberno da Deputación apostamos por este tipo de actividades que achegan gratuitamente unha programación musical de primeiro nivel a todos os lucenses, e que axudan a fomentar e difundir o traballo dos artistas da provincia”, afirmou a deputada Pilar García Porto. Na Capela de Santa María xa actuaron, a violonchelista lucense Rosa Cedrón, o grupo burelés Batuko, Tabanka, o compositor Xosé Manuel Budiño, e este mesmo sábado o grupo Alaw, todas con cheo absoluto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com