Novo plan de tráfico no entorno da Praza de Santo Domingo e a Praza de Ferrol

O Concello de Lugo activará este xoves un novo plan de tráfico no entorno da Praza de Santo Domingo e da Praza de Ferrol para continuar cos traballos de pavimentado no carril de circulación esquerdo da Rúa do Teatro e na propia Praza de Santo Domingo, diante da intersección coa rúa San Marcos, dentro das obras de peonalización do proxecto “Corazón Verde entre Murallas”, que se atopa na recta final.

Para a execución destes traballos faise necesario cortar o tránsito de vehículos nas devanditas zonas. Deste xeito, os vehículos entrarán á Praza de Santo Domingo pola rúa do Teatro e terán a súa saída do centro histórico pola Rúa Quiroga Ballesteros, rúa San Froilán e rúa San Fernando. Estes cambios implican, así mesmo, o corte do acceso ao tráfico pola rúa San Marcos e a entrada e saída de vehículos á Praza de Ferrol por San Fernando.

Durante a execución dos traballos garantirase en todo momento o tránsito peonil, con accesos seguros a vivendas, garaxes e locais comerciais. Estableceranse, ademais, itinerarios alternativos para peóns con especial atención ás persoas con mobilidade reducida. Nos casos en que se precise ocupación de prazas de estacionamento, esta realizarase conforme ao protocolo municipal. A Policía Local supervisará a implantación da sinalización e poderá modificar os dispositivos en función das necesidades do tráfico.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com