Novo repunte na área sanitaria de Lugo con 61 novos positivos nas últimas 24 horas

Nas últimas 24 horas volven a subir o número de positivos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, con 61 novos casos, 30 máis que onte, o que eleva a cifra total de casos activos a 1.065, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade

En canto  ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.211;  deles 1.697 son da área da Coruña, 1.065 da de Lugo, 510 da de Ourense, 1.167 da de Pontevedra, 2.168 da área de Vigo, 898 da de Santiago, e 706 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 85 están en UCI, 384 en unidades de hospitalización e 7.742 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 42.208 persoas curadas, rexistrándose 1.191 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 887.679.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com