Un día máis volve a subir o número de infectados por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Nas últimas 24 horas confirmáronse 50 novos positivos, o que sitúa á provincia con 430 casos activos.
Como punto positivo destacamos que no día de onte arrincou a campaña de vacinación contra a Covid-19 na provincia, sendo a primeira persoa vacinada, María del Carmen Fernández, unha burelesa usuaria da residencia de maiores de Burela. O xerente da área sanitaria de Lugo, que foi testemuña directa do comezo da campaña, asegurou estar “moi ledo” e avanzou que no próximo mes de xaneiro comezará a vacinación a todos os usuarios das residencias de maiores da provincia, así como ao persoal sanitario.
En canto ao total de número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.625, deles 956 son da área da Coruña, 430 da de Lugo, 545 da de Ourense, 821 da de Pontevedra, 1.173 da área de Vigo, 1.373 da de Santiago, e 327 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 282 en unidades de hospitalización e 5.288 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 55.460 persoas curadas, rexistrándose 1.386 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.107.077.