Novo roteiro pola Fonsagrada organizado por Adega-Lugo

O vindeiro domingo 21 de abril, a delegación de Lugo de Adega, no marco do programa de roteiros “As montañas gardiás da nosa historia”; achegaráse ata a aldea Liñares de Vidul, nun percorrido a través de antigos sendeiros que permitirá aos participantes ollar Asturias dende a Fonsagrada.

A xornada comezará cunha visita ao Museo Etnográfico da Fonsagrada. Dende alí o autobús, trasladará a todasa as presoas que vaian facer o roteiro ao punto de inicio, na aldea de Liñares de Vidul, onde comezará a ruta por antigos sendeiros, con lugares abandonados e fermosos bosques de vexetación autóctona, construcións tradicionais como ouriceiras ou ferrerías.  Para seguir logo polo agora abandonado lugar de Ludeiro, con restos de adegas antigas e fornos de fundición de ferro. A andaina comntinuará  cara á cola do encoro de Grandas de Salime, pola variante de Riodeporcos, bonita vila asturiana á que accederán a través dunha ponte colgante. Seguindo o curso do río, se o caudal o permite, para chegar  a Fornaza, onde o autobús agarda para emprender o regreso.

O percorrido é duns 10 Km e de dificultade media debido ás pendentes de baixada. O autobús sairá ás 09:00h dende Lugo e estará de volta sobre ás 19:00h (o horario de regreso pode variar).

Os roteiros de Adega-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades, aínda que os socios e socias de Adega gozán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou os menores de 14 anos.

+Info: (https://roteirosadegalugo.wordpress.com/)

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com