Núñez Feijóo insta ao goberno central a poñer unha nova comisaría en Lugo

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, mantivo onte unha xuntanza co ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, para abordar dous asuntos de grande interese para a Comunidade: retomar o número óptimo de policías nacionais na Unidade Adscrita e a necesidade dunha nova comisaría en Lugo.

O presidente da Xunta avaliou co ministro a opción de incrementar os efectivos da policía autonómica, de tal xeito que se aproximen novamente aos 500 efectivos dentro da Unidade de Policía Nacional Adscrita á comunidade.

Feijóo trasladou tamén ao ministro, a necesidade obxectiva dunha nova comisaría na cidade de Lugo así como a posibilidade de situala nas dependencias do antigo hospital.

Sobre este ultimo punto, Feijóo avanzou neste mes de febreiro unha reunión entre a Secretaria de Estado da Seguridade e o conselleiro de Facenda –responsable do Patrimonio da Comunidade- para facer unha avaliación e empezar cos proxectos construtivos.
Ante este anuncio, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dixo esta mañá que estará encantada de recibir os investimentos necesarios para rehabilitar a vella residencia, pero que queren que esas promesas do presidente da Xunta de Galicia, se materialicen.

A alcaldesa afirmou que desde o Concello seguirán con cautela os anuncios do presidente da Xunta para que deixen de ser anuncios e se convertan en realidade.
Lara Méndez prentende convocar unha mesa de traballo cos veciños do barrio da residencia para a rehabilitación do barrio e así poder trasladarlles as palabras do goberno galego e recordarlles que o goberno municipal si segue comprometido nas inversións para ese barrio. Ademáis, recorda que o Concello de Lugo xa actuou na zona e seguirá actuando para dar unha zona de esparcemento e que o barrio da Residencia “sexa o que xa foi, un barrio punteiro da cidade”.

Por outra banda, a agrupación local Lugonovo, insta a En Marea a levar ao Goberno Central unha iniciativa para que se faga efectivo o anuncio da nova comisaría para Lugo. Os edís e a edil de Lugonovo valoran con moito escepticismo o anuncio de Núñez Feijoo de poñer en marcha a nova comisaría no antigo Hospital Xeral.

Santiago Fernández Rocha, voceiro de Lugonovo, salientou esta mañá que “non hai máis que mirar os orzamentos autonómicos deste ano para comprobar a consideración que a Xunta ten con Lugo e, en concreto, co barrio da Residencia”

Fernández Rocha lembra asemade o compromiso do portavoz municipal do Partido Popular durante os últimos comicios locais, para desenvolver na zona un xardín e unha área de xogos infantís que “tamén quedou no tinteiro”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com