Con 25 ano xa ten case unha decena deles de traxectoria. E é que cando o arte é natural, non se lle pode pór freo. Falamos de Núria Graham, cantante e compositora de Vic que dende os 16 anos dedícase ao que máis lle gusta: a música. Cunha madurez que xorde do día a día e unha inspiración que se adianta á súa propia vida, esta moza catalana trae consigo unha doce voz que mistura con melodías íntimas e emocionais. Un son que amosa tintes doutras épocas encallados nas súas raíces irlandesas.
Núria Graham estará mañá, 11 de novembro, en Lugo no Vexetarian Restaurante nun formato de cea-concerto que xa ten as entradas esgotadas. Unha mostra máis dos éxitos que esta moza está a colleitar.
En Xornal de Lugo falamos con Núria, días antes da súa visita á cidade.
Ola Núria, que tal?
Moi ben, con moitas ganas de ir.
As túas cancións tiran de emoción, sobre que cousas escribes? De onde xorde esa inspiración?
Depende un pouco porque creo que foi variando. Empecei hai moitísimos anos xa a escribir, e creo que aínda estou tentando eu tamén de entenderme a min mesma e sobre que escribo. Ás veces, é un misterio para min mesma.Non é que pense: vou escribir sobre isto e logo escribo algo; senón que pasa ao revés un pouco. Que me guio un pouco polo que vou escribindo e ao cabo duns anos enténdoo. Non sei, escribo cousas cotiás ou, incluso o último disco, era unha cousa máis familiar que describía a personaxes que observaba. Ao final é unha maneira de entenderme a min mesma e ao resto de xente da xente a través de todas as cancións.
Metade catalá, metade irlandesa, raíces diferentes pero ambas cunha gran bagaxe cultural detrás, cres que estas culturas puideron influír no teu actual estilo musical?
É posible. Tampouco me paro moito a pensar nisto porque ao final claro, si que teño influencia. Creo que é máis tamén o sitio no que vivo. Eu son de Vic que é unha cidade onde hai moitísima música e creo que o feito de crecer xa estudando música tamén vendo moitísimos concertos porque había un festival tamén cada ano e o feito de normalizar isto como unha maneira de vivir que facía moita xente, influíume moito, máis que a cultura catalá en si. A música que escribo non sei de onde se ve influenciada pero está claro que moitas cousas son de fóra.
Si que no caso da cultura irlandesa, obviamente dende que era pequena escoitei moitísima música tradicional irlandesa que isto poida que estea por alí, no meu subconsciente por aí vagando.
Polo que puidemos saber de ti, levas desde moi nena no mundo da música. Pero, realmente, cando consideras que te empezaches a dedicar a isto como profesión?
Pasou, por sorte ou non, porque foi como foi. Comecei a dar concertos e a gravar cando tiña 16 anos, en primeiro de bacharelato. Sempre me vou a acordar desta época porque foi unha das mellores. Paseimo moi ben. Pero, claro, foi todo como moi rápido nese momento. Eu estaba a escribir os meus temas tan tranquila e ao cabo duns meses xa estaba a gravar a miña primeira maqueta. E empecei a traballar coa miña primeira manager e xa tiña como todo un ano pechado de concertos cada fin de semana. Isto foi unha maneira de empezar e desde aquel momento non parei e aquí sigo, xa son case dez anos.
Aos poucos vaise coñecendo a túa música, si é verdade que nos últimos anos o teu nome empezou a soar cada vez máis forte na industria musical un pouco grazas ao documental de Amaia Romero e a súa xira na que tamén participaches. Non quero dicir que o teu éxito débase á colaboración pero si que unha parte do público de Amaia quizá non te coñecese nese momento se non ocorrese esa unión de forzas. Chegaches a dubidar nalgún momento de traballar con Amaia?
Non. Pilloume nun momento da miña vida en que iso me pareceu como moi natural e unha boa idea. Ao final creo que o proceso de facer música e ter o meu propio proxecto tamén pasa por aprender a través de varias experiencias neste caso apareceu moi interesante podelo facer.
De feito, cando empezamos a traballar con Amaia eu non a coñecía de feito, non a vía porque non seguía Operación Triunfo. Despois faláronme moi ben dela e entendémonos/entendémosnos instantaneamente. Ao final, para min tamén foi unha maneira de aprender a saír do meu papel de estar como de front woman e facer outra faena, que é estar alí facendo outras cousas. Nese caso, tocaba a guitarra; pero tamén a nivel de composición, traballar con ela foi moi interesante. Claro que había dubidas pero era máis a nivel de calendario e de vida. De pensar, agora téñome que comprometer, porque foron dous anos. Pero non foron dúbidas a nivel de se era correcto ou non. Estiven moi contenta.
Tes en mente futuras colaboracións con outros artistas?
Si, agora estou moi focalizada en continuar coa preparación do disco novo, e obviamente agora quero focalizar en tocar os meus concertos. Pero si que é verdade que escribir para outra xente se que é unha cousa que está aberta, porque ao final, cando traballas do que traballamos hai moito tempo e é moi interesante tamén aprender doutra xente. Así que isto si que o teño en mente facer.
Con quen?
Gustaríame colaborar con moitísima xente, teño como xente tamén de fóra que me encanta pero si que é verdade que estes últimos meses aquí en España estiven traballando nalgunhas sesións de composición, estiven traballando con Alba Reche, tamén de Operación Triunfo. Ao final é iso, eu tambiém saio totalmente da miña zona de confort. Nunca pensaría que podería facer algo así, tan fóra do que eu fago, pero ao final te dás conta de que non está tan fóra. Sempre hai algún punto de encontro e cando o fas saen cousas moi interesante tamén.
Como está a ser o contacto coa xente na xira? Tes datas para novos concertos?
Non, de feito, estes concertos son uns concertos que creo que se moveron de data como dúas ou tres veces, por todo o da pandemia. E estou fóra de xira. Pechamos a presentación, cando saíu o disco, hai ano e medio, e durante a pandemia tocamos bastante dentro do que cabe. E medio despedímonos do disco fai un par de meses, en setembro. E, de feito, só me quedan estes tres concertos en Galicia; así que é un gustazo poder facer isto porque levo dous meses encerrada en casa escribindo e é un gustazo tomar un pouco de aire e tocar.
Logo, hai ganas de tocar en público…
Bótase moitísimo de menos. Ademais, a última vez que fomos a Galicia foi unha marabilla, así que moitas ganas.
Lugo, Ourense e Vigo son as túas próximas paradas, ganas de tomarlle o pulso ao público Gallego?
Moitísimas. De feito, en Lugo non estiven a última vez; pero fomos a Vigo e tamén a Ourense, que viñamos dunha xira moi larga polo norte, dunhas dúas semanas que estabamos cunha autocaravana, e foron uns días incribles. De feito sempre gardei un recordo incrible de cando estiven en Galicia, dos mellores días. Así que si, moitas ganas de tocar, que é o que se bota de menos, estar nunha sala e ter á xente preto.
En Lugo, no Vexetarian, tocarás nunha pequena sala en formato de cea concerto, algo pouco habitual, polo menos en Galicia. Como esperas que responda o público neste caso?
Pois espero que case moi ben con todo o plan da comida. Espero que moi ben vou ir coa miña banda imos cun formato de trio, a mayoria de concertos fixémolos así, a ver que tal. Que fago máis acústico nathan pero bo e non causar que cada vez se lles adoita chamar a atención non é que. Pode ser sempre una unha proposta curiosa, pero no bo sentido da palabra. Creo que está ben facer as dúas cousas ao mesmo tempo xa veremos. Terei envexa, eu tamén terei fame.
Anuncias nas túas redes sociais que estás a traballar en algo novo. Cando podería ver a luz?
Pois todavia vai para longo, creo. Se aínda estou aquí encerrada, non vou gravar este disco, polo menos, ata principio de ano. Ou sexa, eu creo que ata de aquí a un ano ou ata un pouco antes, pero o disco enteiro eu creo que aínda falta. Gústame a idea de desaparecer un pouco tamén para volver cun traballo novo. Non estar tan seguido.
Isto sería todo, moitas grazas Núria por atendernos, vémonos o xoves en Lugo.
Perfecto, pois nos vemos de aquí en nada. Moitas grazas.