A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, presenciaron este sábado a celebración do 53 Gran Premio Ciclista da Milagrosa, que tivo lugar nun circuíto urbano situado na Avenida Duquesa de Lugo. Contou con diferentes probas para as categorías de principiantes, alevíns, infantís, cadetes e junior-sub 20.
Nesta edición desta proba deportiva, unha das máis antigas do calendario ciclista de Galicia, participaron corredores de diferentes clubs de Galicia, Asturias e Castela e León. Esta competición está organizada polo Club Ciclista da Milagrosa e conta coa colaboración do Concello de Lugo.