O 79% dos turistas estranxeiros que visitaron Lugo en xaneiro procedían de Arxentina e Brasil

O primeiro balance do turismo do ano en Lugo deixa un bo sabor de boca en canto aos visitantes de fóra do territorio nacional. E é que o 79% dos turistas que visitaron a Oficina Municipal de Turismo e os centros museográficos do Concello procedían de Arxentina e Brasil; pero non só iso, senón que tamén se achegaron ao municipio viaxeiros doutras nacionalidades como Portugal, Reino Unido, Alemaña, Estados Unidos, Francia e Italia.

En conxunto, tanto o turismo nacional como o estranxeiro mantén o tirón que tivo en xaneiro do ano pasado, rexistrándose un dato parecido ao mesmo mes do ano 2017, con máis de 2.000 visitantes.

En canto as visitas nacionais, os turistas procedentes de Madrid, País Vasco e Cataluña son os protagonistas, segundo informou hoxe a edil de turismo do Concello de Lugo, Carmen Basadre, quen celebrou a competitividade que gaña ano tras ano Lugo como destino turístico, “que cada vez gusta máis a quen o visita, pois é un municipio equilibrado en canto a patrimonios; acolledor e, ao mesmo tempo, cunha gran oferta cultural diversa e de calidade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com