O 98% das vivendas da provincia son susceptibles de mellorar a súa eficiencia enerxética

O 98% das vivendas da provincia de Lugo son susceptibles de mellorar a súa eficiencia enerxética. Así se tira do primeiro estudo sobre as edificacións da provincia no que colaboraron expertos da Universidade de Santiago, membros da Asociación Provincial de Empresarios da Construción e a Deputación de Lugo.

Segundo dito estudo, ata 120.912 edificacións da provincia, un 98%, son susceptibles de melloras eficientes. De levárense a cabo estas nun prazo de 10 anos se conseguiría un aforro total en combustibles superior aos 150.000 millóns de euros e a xeración duns 48.000 empregos.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, sinalou que un dos obxectivos deste traballo é “conseguir a primeira radiografía sobre a situación das vivendas que existen no conxunto da nosa provincia, que poremos a disposición de todos os concellos e empresas”. Campos engadiu que o estudo busca tamén “coñecer o impacto económico e laboral que suporía a mellora eficiente destas edificacións, cumprindo coa normativa europea 20/20/20”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com