O Alcalde de Monforte postúlase para presidir a Deputación de Lugo

José Tomé o reelixido Alcalde de Monforte ven de informar que está dispoñible para, se quere o partido, presidir a Deputación de Lugo. Estas declaracións causaron sorpresa tanto no PSdG de Lugo como na cidadanía en xeral, xa que  hai uns días declaraba que non tiña intención de ser Presidente da Deputación. Pero non se sabe se, por indicación da dirección do PSdG, como se sabe Caballero mantén cos socialistas de Lugo unha relación tensa,  ou por que cambiou de opinión, onte saltaba sorpresa e Darío Campos terá, como mínimo, un competidor. Pola información que puido recabar este xornal, Tomé conta cos apoios necesarios para ser elixido Deputado Provincial polo Partido Xudicial de Monforte, que é a antesala para poder presentar a súa candidatura á Presidencia da Deputación.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Xuñ 02, 2019 - 04:00 PM

    ah , o que dixo que non estaba en política polos cargos , senon para facilitarlle a vida a xente . Cousas veredes

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com