O alcalde de Palas, “tranquilo” tras saber que será xulgado por acoso laboral

O alcalde popular de Palas de Rei, Pablo Taboada, e cinco dos seus edís no anterior mandato sentarán finalmente no banco da Audiencia Provincial de Lugo por un suposto caso de acoso laboral contra a secretaria municipal.

A Fiscalía pide para o rexedor dous anos de prisión por un delito de acoso laboral e dez anos de inhabilitación especial para desenvolver cargo público por dous delitos de prevaricación, ademais dunha multa económica.

O caso remóntase ao ano 2011 cando a muller presentou  unha denuncia contra o agora tenente de alcalde, Fernando Pensado. Dende aquel momento fóronse sucedendo suspensións de emprego e soldo para a secretaria e mesmo se chegou a votar en pleno a súa destitución.

En conversa con Lugo SiRadio, o rexedor di estar “tranquilo pese á preocupación” e agarda que o xuizo sirva para aportar “luz e taquígrafos” sobre a denuncia. “Non é que me encontre feliz, pero si contento de que por fin podamos aportar luz e taquígrafos a este asunto e que nos dean a oportunidade de defendernos, porque até o de agora non tivemos demasiada”, subliñaba.

Pablo Taboada defende ademais a súa inocencia e nega acoso laboral á secretaria municipal. “Non houbo acoso de nngun tipo en ningún momento. En todo caso, esperamos aportar no xuizo os datos suficientes para demostrar a nosa inocencia e poder darlle unha finalización a este tema que leva cinco anos coleando”, concluía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com